Feeds:
Entradas
Comentarios

Archive for 20/09/07

Con motivo da manifestación que vai ter lugar en Ferrol o próximo dia 30 de setembro, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

invita a cidadanía a participar o próximo
SÁBADO, dia 22, ás 12 horas,
na Facultade de Humanidades (Campus de Esteiro), en Ferrol,
a un acto simbólico e público de firma do manifesto,
no que participarán unha serie de persoas
vinculadas ós eidos artísticos e intelectuais.
MANIFESTO DE ARTISTAS E INTELECTUAIS CONTRA DA PLANTA DE GAS NA RÍA DE FERROL E APOIO Á MANIFESTACIÓN DO DÍA 30 DE SETEMBRO DE 2007
Os que abaixo asinan, manifestan o seu total desacordo coa ubicación da planta de gas natural licuado dentro da pequena e angosta Ría de Ferrol. Unha planta de gas que Reganosa está construíndo -sen ter acreditado que cumpre coa lexilación vixente- nas proximidades de núcleos de poboación que suman máis de 100.000 habitantes, cuxa vida quedaría ameazada en caso de entrar en funcionamento. Igualmente, a súa presencia suporía un risco permanente, xunto ó engadido polo complexo petroquímico chamado “Forestal del Atlántico S.A.” e a entrada de buques gaseiros cargados de GNL, cuxa ruta de navegación pasaría a escasa distancia da poboación e do arsenal naval militar.
Igualmente, no caso de entrar en funcionamiento, Reganosa ameazaría a riqueza natural da Ría, que é o medio de vida de preto dun milleiro de mariscadores. Así mesmo, seria un grave obstáculo para a declaración de Patrimonio da Humanidade, proposta para os castelos e arsenais, ademas de provocar perdas no patrimonio histórico e na potencialidade turística.
Os abaixo asinantes denunciamos que é imposible que Reganosa poida cumprimentar os condicionados impostos na autorización da súa construcción, en canto a distancias de seguridade respecto das poboacións próximas e para unha saída de urxencia dos buques gaseiros, co cal non estarían salvagardadas nin as persoas nin os seus bens.
Por todo isto, manifestamos:
1. A nosa petición de que sexan retiradas tódalas denuncias que afectan ós traballadores do mar, na Ría de Ferrol, implicados neste proceso da súa defensa e en contra da ubicación da planta de gas de Reganosa.
2. O noso total desacordo coa ubicación da planta de gas natural licuado no interior da Ría de Ferrol. Asimesmo, solicitamos ó goberno da Xunta de Galicia que recupere o Porto Exterior como espacio axeitado para a instalación da Planta de gas, prevista nese lugar dende o ano 1994.
3. O noso apoio á manifestación que terá lugar en Ferrol o próximo día 30 de setembro, en protesta pola existencia dunha planta de gas nun lugar totalmente inadecuado e a nosa solicitude ás autoridades competentes de que non aproben a acta de explotación comercial ou de funcionamento definito de Reganosa, do mesmo modo que pedimos a reconversión do complexo petroquímico de Punta Promontoiro, por ameazar a vida da poboación e a riqueza marisqueira da Ría.
Anuncios

Read Full Post »