Feeds:
Entradas
Comentarios

Archive for 4/12/07

Sacado de Vieiros,estudiantes opuestos a las reformas

Anuncios

Read Full Post »


Operación policial contra unha suposta trama urbanística no Concello de Mugardos

En total catro persoas foron detidas, tres relacionadas co departamento técnico-urbanístico e outra, policía local da localidade ferrolá.

Redacción / Axencias – 16:55 03/12/2007

Axentes da Unidade de Delitos Urbanísticos adscritos á Policía Xudicial da Garda Civil da Coruña detiveron este luns catro persoas relacionadas cunha suposta trama urbanística que afecta ao Concello de Mugardos.

Segundo confirmou a Garda Civil, os detidos son tres persoas que estiveron relacionadas -algunha aínda o está- co departamento técnico-urbanístico do citado concello e o cuarto arrestado é un policía local da localidade mugardesa, marido da propietaria dunha inmobiliaria.

Todos eles prestan declaración nas distintas dependencias do corpo armado na comarca e mais na Coruña, na tarde do luns.

A denominada ‘Operación Virgin’ comezouse a xestar no mes de maio deste mesmo ano. As dilixencias da mesma -instruídas polo Xulgado de Instrución Número 4 de Ferrol- están baixo segredo de sumario. Ademais, leváronse a cabo diversos rexistros en estudos de arquitectura, nunha inmobiliaria e nun domicilio particular, de Fene, Mugardos e Ferrol.

Os catro detidos están imputados en supostos delitos de tráfico de influencias e negociacións prohibidas a funcionarios. Outras tres persoas, dous promotores e unha arquitecta, deberán declarar tamén por feitos similares. Segundo indicaron fontes próximas á investigación, as detencións comezaron a partir das 9.00 horas e se prolongaron deica ás 14.30 horas.

Read Full Post »