Feeds:
Entradas
Comentarios

Archive for 14/09/12

Galiciaé – Alternativa aspira conseguir representación nas catro provincias

QUE ASI SEIA

que asi sexa, persoalmente penso e quero que a esquerda, e isto se que o teño claro ao reves que moitos dos queridos amigos, a esquerda que levanta testemuño, testemuño na rúa, e a maiores nos parlamentos, esa esquerda, deséxoo, que vai desde os anarquistas queridos e queridas, ata os comunistas de corazon e reflexivxs, pasando polas liberetarias compañias, os libre pensadores e as súas pensadoras incansables, os banda aparte, os sen banda e as sen bandeiras a non ser as do fume, os sen patria,e as apatridas, e todos os galegos irredentos e as galegas teluricas e enxebres, os marabillosamente chiflados, todo e todas que estuvieramos no mesmo lado das barricadas en flor, e que maduren ao incendialas ao crepusculo, ao luco e ao alba, á tarde e á noite e á mañá siguente.

Son deste lugar, teño unha patria en forma de aldea, e ela, esa aldea inesgotable fíxome cosmopolita, e só ela. Se son afgán é porque son de Maside.

Saúde

Galiciaé – Alternativa aspira conseguir representación nas catro provincias.

Alternativa aspira conseguir representación nas catro provincias


Etiquetas: elecciónsPortomeñeEUAlternativaAnova

14/09/2012 – Galiciaé LV/ Axencias

O coordinador de Esquerda Unida (EU) en Lugo, Carlos Portomeñe, afirmou que Alternativa Galega de Esquerdas, resultado da coalición do seu partido con Anova, non “pon teito” ás súas expectativas electorais, porque aspira a conseguir representación parlamentaria nas próximas eleccións autonómicas polas catro provincias galegas.

En declaracións a Efe, Portomeñe afirmou que “en todas as enquisas”, tanto nas “que están a saír publicadas” como nas que manexa internamente Alternativa Galega de Esquerdas, “a coalición produce un efecto multiplicador” que leva aos seus dirixentes a non “porse un teito”.

“Sabemos que neste momento aspiramos claramente a ter representación polas catro provincias galegas, pero eu non lle poría teito, porque sabemos que esta coalición vai ser un revulsivo para a cidadanía”
, dixo Portomeñe.

Desde o seu punto de vista, será unha alternativa ao que “desde hai tempo vimos chamando o tripartidismo armónico dos tres grandes partidos, que veñen manexando nas institucións desde hai tantos anos, tanto a nivel autonómico como provincial”.

“Isto é o revulsivo que se estaba esperando desde a esquerda e unha necesidade que temos como cidadáns, fóra da política profesional, para garantir o fundamental nestes momentos tan difíciles, como son o emprego, o ensino, a educación”, concluíu.

Portomeñe tamén confirmou que a coalición con Anova foi ratificada polos militantes de Lugo por unha “ampla maioría”.

Anuncios

Read Full Post »

la que heredó su sombrero: “Doble cara y Letra pequeña”.

Read Full Post »