Feeds:
Entradas
Comentarios

Archive for 19/09/12

IN MEMORIAM SANTIAGO CARRILLO SOLARES

En portada.

http://www.fucobuxan.net/

NO PASAMENTO DE SANTIAGO CARRILLO,

SOCIO DE HONRA DE FUCO BUXÁN.

Quere a Asociación Cultural Fuco Buxán expresar en primeiro lugar a súa condolencia á súa familia ante o falecemento do home que compartiu con eles as súas horas máis íntimas pero que foi tamén, co seu pensamento, co seu compromiso, coa súa praxe, un capítulo fundamental da Historia da España Democrática.

Para a Esquerda, a súa achega valiosa supón un “sine qua non” para entender a transición e a saída dunha ditadura. Para “Fuco Buxán”, foi un amigo, un compañeiro, unha luz permanente iluminando o “que facer” solidario e reivindicativo, na longa marcha cara a un futuro mellor, máis libre, máis xusto e máis pacífico.

Prologuista dos libros de memorias dos dous Pillado, colaborador habitual na nosa revista “Razón Socialista”, fisicamente presente nos momentos clave da Asociación da que é “Socio de Honra”, Santiago Carrillo – así o sentimos hoxe e sentímolo todos estes anos – estivo sempre preto, razoando e querendo connosco un mundo que nos tocou vivir, manifestamente mellorable.

A súa palabra segue viva e necesaria; sabemos onde buscala: alí onde a Esquerda dá o mellor de si mesma en esforzo, en optimismo histórico, en compromiso e en tarefa pendente.

Santiago Carrillo, continuamos a loita.

Asociación Cultural Fuco Buxán

TEXTO ESQUELA DIARIO DE FERROL

IN MEMORIAM

SANTIAGO CARRILLO SOLARES

(SOCIO DE HONRA DE “FUCO BUXÁN”)

É un anaco da Historia da España Democrática, pero tamén un amigo, un compañeiro e unha luz no camiño da loita polas liberdades.

A súa pegada permañece e o seu exemplo e o seu pensamento camiñarán sempre con nos.

Ferrol, 18 de setembro de 2012

Imágenes integradas 1




— 
Visita a nosa web: www.fucobuxan.net
facebook: Fuco Buxán
Twitter:    @FucoBuxan
————-
fuco buxán, a.c.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 – Ferrol
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es

Read Full Post »