Feeds:
Entradas
Comentarios

Archive for 14/10/12

A ALTERNATIVA ESTÁ NAS NOSAS MANSAlternativa Galega de Esquerda: Manifesto.

Manifesto

Manifesto aprobado na Asemblea dos Movimentos Sociais en apoio á candidatura Alternativa Galega de Esquerda, celebrada o 28 de Setembro de 2012, no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño, en Ferrol Terra

MANIFESTO DE FERROLTERRA
A ESQUERDA SOCIAL DIANTE DO 21.O

As persoas abaixo asinantes, pertencentes a distintas organizacións, asociacións e movementos, que loitan pola defensa dos bens comúns, a xustiza social e o medio ambiente, a nosa lingua e cultura nacional, reunidas en asemblea na cidade de Ferrol, acordan facer pública a seguinte declaración:

1- Que a democracia, os dereitos sociais, os dereitos laborais, os servizos sociais e os dereitos nacionais, están sendo vendidos aos poderes financeiros, por unhas institucións e uns gobernos que son obedientes a eses poderes, mentres se mostran cegos e xordos ás demandas da cidadanía. Esta situación é extremadamente grave na nosa comarca, con altos índices de desemprego, perda de poboación, sectores industriais claves ameazados e un ecosistema altamente degradado.

2- Que ao longo deste último ano, fíxose evidente que só a unión das forzas populares sindicais, cidadás, políticas…) que se enfrontan a estes poderes, pode mobilizar e ganizar á cidadanía, para conseguir frear os seus ataques e posibilitar construír alternativas que lles arrebaten o poder absoluto que exercen.

3- Que o froito desa vontade de unidade, diante da convocatoria electoral para o 21 de outubro, concretouse na coalición Alternativa Galega de Esquerda, que se presenta a estes comicios como unha forza política que pretende recuperar a democracia, e retirar do poder a quen goberna para os poderes financeiros, executando os seus desexos, que non son outros que sacarnos os dereitos, empobrecernos e permitirlles acumular máis riqueza.

4- Que imos apoiar a candidatura de Alternativa Galega de Esquerda, para que leve o mandato ao Parlamento de xerar unha nova cultura de radicalidade democrática, de defensa dos intereses da maioría social fronte aos bancos e as oligarquías. Poderes que se enfrontan claramente aos obxectivos que promoven e defenden día a día os nosos movementos e organizacións, que loitan polo reparto da riqueza, polo fin da pobreza, pola defensa do medio ambiente e o noso territorio, por uns servizos públicos, universais e de calidade, contra os ataques á nosa lingua e cultura, contra o machismo, o racismo e a xenofobia…, nun esforzo constante por constituírmonos en cidadanía consciente, que sabe cales son os seus dereitos e as súas obrigas.

5- Que para asegurar que ese mandato se cumpre, constituímonos en asemblea de sentinelas do mandato popular, de xeito que as persoas que resulten electas, dean conta deste mandato diante desta asemblea.

Ferrol, 28 de Setembro de 2012

Anuncios

Read Full Post »