Feeds:
Entradas
Comentarios

Posts Tagged ‘esperanza’

de la leche negra del crepusculo

de la leche negra del alba

de la leche negra del alba

bos dias, boas noites, boas tardes, mundo…
Despues do espectaculo, o pan?
Eleccións americanas, olimpíadas, copas mundiais, festivais e mais festivais…
E sempre, sempre ao dia seguinte as mondas do soño
podrecendo
no alfeizar das fiestras,
as fiestras rotas ou dobradas
enchen a parte do choro
que os ollos voan,
Tan pobres tan pobres tan pobres
que ata un cambio de cor ou de nome
alivia tanta impotencia.
Arruínan o mundo
e aplícanse diligintemente a restauralo,
a reformalo
para poder seguir con tamaño cadaver vivente…
E mentres tanto
o home, pobre, pobre…
recolle as mondas do soño,
con mimo, entre as mans,
carrexa as doradass mondas
e as da súa mirada
ata o solar do dia
onde co estiercol da luz
deixa que todo podreza
para unha nova colleita do alba.
Ao fondo, moi preto,
hai musica, musica negra,
hai unha festa do tamaño de todos?
Hai musica, e vén das ruínas

Anuncios

Read Full Post »