Feeds:
Entradas
Comentarios

Archive for the ‘«resistencia urbana»’ Category


Operación policial contra unha suposta trama urbanística no Concello de Mugardos

En total catro persoas foron detidas, tres relacionadas co departamento técnico-urbanístico e outra, policía local da localidade ferrolá.

Redacción / Axencias – 16:55 03/12/2007

Axentes da Unidade de Delitos Urbanísticos adscritos á Policía Xudicial da Garda Civil da Coruña detiveron este luns catro persoas relacionadas cunha suposta trama urbanística que afecta ao Concello de Mugardos.

Segundo confirmou a Garda Civil, os detidos son tres persoas que estiveron relacionadas -algunha aínda o está- co departamento técnico-urbanístico do citado concello e o cuarto arrestado é un policía local da localidade mugardesa, marido da propietaria dunha inmobiliaria.

Todos eles prestan declaración nas distintas dependencias do corpo armado na comarca e mais na Coruña, na tarde do luns.

A denominada ‘Operación Virgin’ comezouse a xestar no mes de maio deste mesmo ano. As dilixencias da mesma -instruídas polo Xulgado de Instrución Número 4 de Ferrol- están baixo segredo de sumario. Ademais, leváronse a cabo diversos rexistros en estudos de arquitectura, nunha inmobiliaria e nun domicilio particular, de Fene, Mugardos e Ferrol.

Os catro detidos están imputados en supostos delitos de tráfico de influencias e negociacións prohibidas a funcionarios. Outras tres persoas, dous promotores e unha arquitecta, deberán declarar tamén por feitos similares. Segundo indicaron fontes próximas á investigación, as detencións comezaron a partir das 9.00 horas e se prolongaron deica ás 14.30 horas.

Read Full Post »

Europa Press30/11/2007 (13:23h.)
Se trata del buque «LNG Adamawa», cargado con 68.000 toneladas de gas natural, según los datos facilitados por la Autoridad Portuaria de Ferrol-San Cibrao. Será el segundo con GNL que descarga en Reganosa después de que la planta de gas fuese autorizada de forma definitiva por el Ministerio de Industria el pasado 7 de noviembre -había iniciado su funcionamiento en pruebas el 9 de mayo-.
El último buque en descargar en Reganosa fue el «Port Harcourt», el pasado 19 de noviembre. Fue el primero que accedía a la regasificadora tras la autorización de funcionamiento comercial concedida por el Gobierno.
El acta de funcionamiento concedida por Industria será recurrida por el Comité de Emergencia de la Ría de Ferrol, que desde el año 2001 canaliza las protestas de distintos colectivos vecinales y de mariscadores en contra de la ubicación de Reganosa en el interior de la ría.
PROTESTA EN BRUSELAS.
Su oposición a Reganosa se ha dirigido también esta semana a la Unión Europea, ya que seis miembros de la entidad se desplazaron este miércoles a Bruselas para entrevistarse con los parlamentarios de diferentes grupos políticos, en un viaje organizado por Izquierda Unida.
En la capital europea denunciaron ante el Comité de Peticiones del Parlamento Europeo que, a su juicio, la planta de gas incumple las normativas europeas en cuanto a distancias legales a la población y salidas de emergencia de los buques gaseros.
La iniciativa está respaldada por Izquierda Unida, que reclamó al Comité la creación de una comisión que se desplace a la zona de Ferrol para comprobar in situ si la planta de gas cumple con la normativa y la legislación vigente.
Durante el presente año, el inicio de actividad de Reganosa provocó numerosas movilizaciones ciudadanas, las más polémicas, las que se produjeron ante las primeras entradas de buques con GNL en la ría de Ferrol: la protesta en mar de los mariscadores de la ría llegó a retrasar hasta en tres ocasiones el acceso de los gaseros. Además, el pasado mes de septiembre, más de 5.000 personas reclamaron en las calles de Ferrol que la planta de gas fuese trasladada al exterior de la ría.
30/Nov/2007 13:22:39 (EUROPA PRESS) 11/30/13-22/07 »

Read Full Post »

Comunicación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol:

O Comité Cidadán de Emerxencia acordou convocar
unha cacerolada-tamboreada
para as 10 da mañá do próximo luns 19 de novembro,
diante dos edificios da Autoridade Portuaria
sen descartar outras mobilizacións,
A única Pleamar diúrna para o luns 19, está prevista para as 11 horas, mais as ultimas entradas de gaseros producíronse adiantadas en case media hora respecto da pleamar correspondente.

A mobilización ten como finalidade:
a) Expresar o rexeitamento pola pretendida entrada ilegal na Ría de Ferrol dun décimo buque Gasero, chamado «PORT HARCOURT», cunha eslora de 275 metros, cargado con 134.000 m3 de Gas Natural Licuado con destino ás instalacións de Reganosa dentro da angosta Ría de Ferrol, sen garantía algunha, por Reganosa, nin pola Autoridade Portuaria, de que en caso de emerxencia durante a descarga, o buque, poida saír ao mar aberto, con rapidez e polos seus propios medios tal e como require a norma EN-1532. Así mesmo sen que Reganosa teña acreditado o cumprimento de todos os condicionados da súa autorización de construción, entre eles a saída ao mar dos buques gaseros en caso de emerxencia e a distancia suficiente ata as poboacións segundo o artigo 12 do R.D. 1254/99 de 16 de xullo, cuxa aplicación en España é o RAMINP que require unha distancia mínima de dous quilómetros ata as poboacións, por todo o cal desde o pasado 9 de maio, con mais probabilidades na entrada e descarga dun buque gasero cargado de GNL, existe un risco real para a vida humana na Ría de Ferrol, para a súa riqueza marisqueira e para o emprego dos seus 600 traballadores do mar.

b) Demandar do Ministerio de Industria, que ANULE o acta de posta en servizo de Reganosa asinada o pasado 7 de novembro polo «Área de Industria e Enerxía da Coruña», a fin de que sexa paralizada a actividade de Reganosa e que sexa desmantelado o seu potencial de destrución masiva pola proximidade das poboacións e
o angosto da Ría de Ferrol
Hoxe iniciouse a difusión de 20.000 exemplares dunha octavilla, que se distribuirá ao longo dos próximos días, con motivo do acta de posta en servizo, asinada o pasado 7 de novembro, a fin de facer chegar ó conxunto da cidadanía de Ferrolterra que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol continuará con mais intensidade a loita contra a ameaza de Reganosa, á vida humana, á riqueza marisqueira da Ría e ao seu patrimonio histórico, polo que seguirán abertas todas as vías de actuación posible: administrativa, xudicial, mediática e de mobilización ou de comunicación coa sociedade.

Engádese Octavilla
Comité Cidadán de Emerxencia
http://comitecidadan.org/
comitecidadan@gmail.com

Read Full Post »



KRAX blog

Read Full Post »